FAQs
Podo revender o meu abono?
Si. Os abonos comprados en DICE poden revenderse na súa propia plataforma. Os adquiridos a través de Ataquilla poden revenderse en Ticketswap, mesmo se están personalizados con nome e apelidos.
Como se paga durante o festival?
Todos os espazos aceptan tarxeta e pago en efectivo. Recoméndase evitar o uso de efectivo sempre que sexa posible.
Podo entrar a un evento unha vez comezado?
Non. Por respecto a artistas e público, na maioría das actividades non está permitido o acceso unha vez iniciadas. Prégase puntualidade.
Pódese fumar nos espazos do festival?
Non está permitido fumar nin en interiores nin en zonas exteriores pechadas. Habilitaranse zonas exteriores sinalizadas e con cinseiros.
Pódese acceder con comida ou bebida?
Só en actividades ao aire libre e se está permitido:
• Permítese auga en botellas de plástico brando, precintadas e de ata 0,5 L (a tapa retírase ao acceder).
• Non se permite o acceso con botellas de vidro, aceiro ou plástico ríxido.
• Só se permite comida para consumo individual, en envases de plástico brando, tea, papel, aluminio ou film. Outros envases serán retirados e devoltos ao saír.
• Haberá papeleiras para reciclaxe.
Podo facer fotos ou vídeos?
Si, sempre que non interfira con outros asistentes. Non se permite flash nin equipos profesionais sen autorización.
Que ocorre se perdo a miña pulseira?
A pulseira é persoal e intransferible. Non se repón en caso de perda.
Haberá merchandising oficial?
Non.
Son xornalista. Podo acreditarme para o festival?
Si. Podes enviar a túa solicitude a festival@workonsunday.es antes do 2 de setembro de 2025.
Como me desprazo entre os espazos do festival?
Todos os recintos están no centro de Santiago, polo que se pode acceder camiñando.
Para a Fundación Laboral da Construción (FLC) haberá un servizo especial de autobús lanzadeira:
• Saída dende o centro → FLC
Rúa Valle Inclán, dársenas de La Salle (Parada 483 – Rúa da Torreira nº 2, sentido Romaño)
O traxecto remata a 5 minutos a pé da FLC
Horario: de 21:00 h a 01:00 h
• Regreso FLC → centro
Parada 482 – Rúa da Torreira nº 3 (sentido centro, con marquesiña)
Horario: de 01:00 h a 05:00 h (cada 45 min) / de 05:00 h a 06:30 h (servizo continuado)
• Prezo: 1 € (billete sinxelo)
• Descontos: Bono ordinario de autobús e Tarxeta Metropolitana da Xunta de Galicia
Haberá opcións gastronómicas no festival?
Si. Contaremos coa Zona Gastro só na Fundación Laboral da Construción, cun espazo con opcións vexetarianas, sen glute e outras propostas pensadas para todos os gustos. Nos demais recintos, situados no centro de Santiago, haberá diferentes opcións gastronómicas ofrecidas por restaurantes locais.
Cando se abren as portas en cada recinto?
As portas abrirán 30 minutos antes do inicio de cada concerto, agás na Fundación Laboral da Construción, onde se abrirán 1 hora antes (ás 21:00 h).
Acceso de menores
• Día: menores de 16 anos acompañados con autorización; de 16 a 18 anos con autorización obrigatoria.
• Noite: menores de 18 anos non permitidos. Descarga a autorización aquí [ligazón].
Como se protexe a miña información persoal?
Aplicamos medidas de cifrado e acceso limitado. Consulta a nosa Política de Privacidade.
Existe un código de conduta?
Si. Fomentamos unha contorna segura e respectuosa. Non se tolerarán condutas de acoso ou discriminación.
Que facer en caso de emerxencia?
Diríxete a calquera persoa do staff ou de seguridade. A túa seguridade é o máis importante.